Socios

Arranca a Campaña de Socios 2023/2024

 

Comeza unha tempada especial onde queremos celebrar o noso 40º aniversario con vós. Esa canteira que non deixa de medrar ano tras ano, son o froito de moitos anos de traballo e de moita xente que estivo e está. Gracias ao apoio das socias e socios, queremos seguir traballando e mellorando xuntxs para que a nosa base siga medrando e atopando no balonmán unha base para a súa formación deportiva e persoal.

Queremos agradecer a todos e todas as que formastes parte deste camiño e, de antemán, agradecer a todas aquelas que formaredes parte do camiño que está por vir. Grazas ao voso abono, medramos!

ALTA OU RENOVACIÓN DE SOCIO

Para celebrar esta tempada tan especial, poñemos en marcha a promoción «Planta un socix». Cada socix da tempada 2022/2023 que renove na tempada 23/24 e traia unha nova alta de socix ao club, conseguirá unha camiseta EDICIÓN LIMITADA 40 ANIVERSARIO EXCLUSIVA. Promoción válida ata o 15 de setembro.*

Lembra que podes renovar o teu carné de socio desde a App de Cluber ou desde a sua web.

ACCEDER A CLUBER

E non esquezas que por ser socia ou socio de Escolas Balonmán Xiria obterás descontos en:

Máis información https://www.balonmanxiria.com/descontos-para-socios/

*Aclaracións promoción «Planta un socio»

Obterase unha camiseta por cada abono de socio de nova alta, independentemente de si se trata de socio individual ou familiar.

Entenderase coma nova alta, aquelas persoas ou empresas que non  que non tiveran a consideración de socios na tempada 2022/2023.

No momento de rexistrar a nova alta, haberá no formulario un campo para indicar si veñen invitadxs por algún socio. Aí debe indicarse o nome completo do socio que obterá a camiseta.

ALTA OU RENOVACIÓN DE SOCIO

Escolas de Balonmán en Carballo, A Coruña